BENVIDA
É unha satisfacción para min darlles a benvida a todos os internautas que accedan á única páxina web oficial do Narón Balompé.
A través dela pretendemos dar a coñecer todas as actividades sociais e deportivas que a nosa entidade realizou nestes máis de dez anos de historia e que continúa efectuando nos ámbitos do deporte base e de carácter federativo en Narón.
Nestes anos nos que levamos o nome de Narón por toda a xeografía española, os éxitos deportivos foron continuos e leváronnos a militar, na actualidade, na Terceira División nacional, nunha sucesión continua de ascensos e conquistas deportivas, e coa ansia ineludible de seguir progresando.
Pero este desenvolvemento que o club tivo no eido deportivo supón un esforzo extra para que as estruturas e infraestruturas do club se acomoden ás novas esixencias que nos agardan. Nese proceso atopámonos coa necesidade de crear e manter esta páxina web, que supon un primeiro impulso na nosa aspiración de actualizar todas as nosas organizacións deportivas e administrativas.
Un primeiro paso ao que seguíronlle outros — inauguración das oficinas administrativas, campo de herba artificial para o noso fútbol base, etc.— que nos ilusionan e que teñen por obxectivo final poñer o nome do noso club e, polo tanto, o da nosa cidade na órbita do fútbol nacional.
Froito desa aspiración por renovarnos é o desexo de mellorar a calidade do servizo ofrecido aos nosos socios, o cal pasa por un trato exquisito e un aumento nos servizos que se lles prestan. Nese contexto esta web é un instrumento ideal para optimizar a comunicación e interrelación entre o club e os seus socios e afeccionados, e proporcionará, ademais, información actualizada de todos os nosos equipos, resultados, tenda virtual, etc.
Quero, para rematar, aproveitar a ocasión para agradecer o apoio incondicional que lle brindan ao noso club non só os nosos afeccionados, senón tamén as institucións públicas e empresas privadas que, co seu patrocinio, fomentan e facilitan o noso labor e quefacer diarios.
Así mesmo, aproveitando o impulso globalizador que a internet supón, desexo enviarlles un forte abrazo a todos aqueles cidadáns de Narón que estean residindo, por circunstancias diversas, fóra da nosa cidade, e que espero que vexan e sintan, a través da nosa páxina, un cachiño do seu equipo e da súa cidade.
Un saúdo para todos
Presidente do Narón Balompé
Andrés Gómez Pérez
RECOMENDACIÓNS
Podedes deixar vosas opinións, fotos, videos nos comentarios de cada entrada. Sería un orgullo para min poder extender este blog ata facer ao Narón Balompé un dos clubes máis coñecidos de Galicia.
Andrés Gómez Pérez
RECOMENDACIÓNS
Podedes deixar vosas opinións, fotos, videos nos comentarios de cada entrada. Sería un orgullo para min poder extender este blog ata facer ao Narón Balompé un dos clubes máis coñecidos de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario